martes, febrero 19, 2008

 

PROGRAMACIÓN DE FEBREIRO 2008

XOVES 21 DE FEBREIRO
20:30
Auditorio de Vilagarcia

A VIDA DOS OUTROS
(Das Leben Der Anderen)

O capitán Gerd Wiesler é un oficial extremadamente competente da Stasi, a todopoderosa policía secreta do rexime comunista da antiga República Democrátoca Alemana. Pero, cando en 1984 encoméndanlle que espíe a parella formada por un prestixioso escritor e unha popular actriz, non sabe ata qué punto esa misión vaille influir na súa propia vida…

Ficha artística:
Dirección: Florian Henckel-Donnersmarck
Intérpretes: Ulrich Mühe, Martina Gedeck, Sebastian Koch, Ulrich Tukur, Thomas Thieme,
Hans-Uwe Bauer, Volkmar Kleinert, Matthias Brenner, Charly Hübner
Guión: Florian Henckel-Donnersmarck
Música: Gabriel Yared, Stéphane Moucha
Fotografía: Hagen Bogdanski

2006: Oscar mejor película habla no inglesa. Premios del Cine Europeo: Mejor película, mejor actor (Ulrich Mühe)
________________________________________
XOVES 14 DE FEBREIRO
O PARTIDO

20:30
Auditorio de Vilagarcia
Cando un grupo americano compra a factoría na que Alfonso traballa, o novo consello de administración impón "modernos" métodos. A tensión medra cos primeiros despidos e Alfonso gáñalle xenreira a Borja, un dos directivos. Para calmar os ánimos convócase un "partido de confraternización" ao máis puro estilo ianqui. Mais os costumes americanos son distintos dos galegos, e o fútbol non é coma o béisbol... Esta comedia contou coa participación de xogadores do Deportivo como Munitis ou Manuel Pablo.

Ficha artística
Dirección: Juan Calvo
Intérpretes: Carlos Blanco, Antonio Dechent, Genma Guillemany, Roberto Leal, Roberto Leal, Darío Loureiro, Manuel Manquiña, Carlos Pereira, Carlos Sante, Pepo Suevos, Eloy Yebra, Antonio Durán “Morris”, José Luís López “Sacha”

Ficha técnica
Titulo orixinal: El partido
Duración: 90'Ano: 2006
Idioma V.O.: Castelán

Comments:
Visto o visto o cine galego está mal. A pelicula do partido parecese a un episodio dunha serie calqueira que botan na galega. Entre bateas ten un pase. So espero que non sexan subvencionadas e teñamos que pagar nos un material de calidade tan baixa.

Agora si, a película "A vida dos outros" e boiiisima. E non o digo porque o de fora sexa sempre mellor senon porque a calidade é a calidade.
 
Publicar un comentario

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?