sábado, marzo 05, 2005

 

MARZO 2005

CICLO DE MUJERES

OSAMA


Dirección: Siddiq Barmak
Ano: 2003
Nacionalidade: Afganistán-Xapón-Irlanda
Xénero: Drama
Duración: 1h 23 min
Distribuidora: Grupo altafilms


SINOPSE:
Unha nena de doce anos e a súa nai vense abocadas á miseria cando, coa chegada dos talibáns ó poder en Afganistán, perden ó seu dereito a traballar e a posibilidade de saír soas á rúa, porque non teñen ningún varón na familia que vele por elas. A nai e a avoa da nena deciden facela pasar por un rapaz, o que enche de angustia á nena polo que lle podería pasar se se descubre a súa verdadeira identidade.
Cando en compaña doutros mozos, é levada á madraza, escola relixiosa que ademáis é un centro de formación militar dos talibáns, recibe a axuda de Espandí, un neno que sabe realmente quen é e que lle dá un nome: Osama.



MUJERES EN PIE DE GUERRA



Dirección: Susana Koska
Ano: 2004
Nacionalidade: España
Xénero: Documental
Duración: 75 min
Distribuidora: Diagrama

SINOPSE:
Sete mulleres en pé de guerra, sete mulleres en son de paz, a voz das mulleres que loitaron pola liberdade e contra o fascismo desde o comezo da guerra civil española ata a morte de Franco. Sara Berenguer, María Salvo, Rosa Laviña, Rosa Díaz, Neus Catalá, Teresa Buígnes, Carme e Merçona Puig Antich.
Revolución, guerra, exilio, resistencia, carcel e sindicalismo. As súas experiencias, os seus sentimentos, a súa voz.


QUÉROTE PARA SEMPRE
(ELSKER DIG FOR EVIGT)



Dinamarca, 2002
Dirección: Susanne Bier
Intérpretes: Mads Mikkelsen (Niels)
Sonja Richter (Cecilie)
Nikolaj Lie Kaas (Joachim)
Paprika Steen (Marie)
Guión: Susanne Bier-Anders Thomas Jensen
Fotografía: Morten Soborg
Música: Jesper Winge Leisner
Montaxe: Pernille Bech Christensen
Thomas Krag

Sinopse: Cecile e Joachim son dous mozos namorados. Pensan en casar pronto e teñen toda a vida por diante; pero, de súpeto, todo se torce. As cousas non só cambian para Cecile e Joachim, senón tamén para Marie e Niels, que se achegan á cuarentena, están felizmente casados e teñen tres fillos, pero o seu matrimonio debe pasar por unha dura proba cando Niels se namora apaixoadamente de Cecile. A cuestión é se Niels e Cecile están dispostos a deixalo todo por amor. Algo está claro: nada volverá se-lo mesmo.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?