jueves, marzo 06, 2008

 

PROGRAMACIÓN DE MARZO-JUNIO 2008


Martes 11 de Marzo 2008

as 20h no Auditorio de Vilagarcía

Mércores 12 de Marzo 2008
as 21h
no Auditorio de Cambados

É máis doado para un camelo…
(Il est plus facile pour un chameau…)

Dirección: Valeria Bruni Tedeschi
Ano: 2003
País: Francia
Duración: 110min.
Xénero: comedia
Reparto: Valeria Bruni Tedeschi, Chiara Mastroianni, Jean-Hugues Anglade, Roberto Herlitzka, Lambert Wilson, Denis Podalydès, Marysa Borini
Producción: Paul Branco
Guión: Valeria Bruni Tedeschi, Noémie Lvovsky e Agnès de Sacy
Fotografía: Jeanne Lapoirie

SINOPSE:
Federica é rica, demasiado rica. Isto que a priori non sería un problema para ningún dos mortais para ela é unha gran carga e un enorme lastre para poder vivir a súa vida. Se a isto lle unimos as presións do seu mozo para crear unha familia, a volta inesperada dun antigo amante e os seus conflictos familiares, o resultado é unha vida completamente desestabilizada. Para poder soportar o día a día, Federica busca consolo no imaginario.


_____________________________________________

Martes 25 de Marzo 2008

as 20h no Auditorio de Vilagarcía


Venres 14 de Marzo 2008

as 21h no Auditorio de Cambados

Ás 5 da tarde
(Panj é asr)

Dirección: Samira Makhmalbaf
Ano: 2003
País: Irán
Duración: 106min.
Xénero: drama
Reparto: Agheleh Rezaie, Abdolfani Yousefrazi, Razi Mohebi
Producción: Irán- Francia
Guión: Samira Makhmalbaf e Mohsen Makhmalbaf
Música: Reza Darvishi
Fotografía: Ebrahim Ghafori e Samira Majmalbaf

SINOPSE:
Trala caída do rexime talibán en Afganistán, reabríronse as escolas para as mulleres. Unha delas pretende adicarse á política e incluso chegar a ser algún día presidenta da República. Pero o burka, as tradicións e o rexime machista seguen profundamente arraigados na vida social do país.
_________________________________________

Xoves 27 de marzo 2008 as 20.30h

Atlántida (Belen Macias, 2005)
A sinopse e ficha técnica de ista película a podedes ver en:
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/


________________________________________________________

Xoves 3 de Abril 2008 as 20.30h

Condenado a vivir (Roberto Bodegas, 2001)
A sinopse e ficha técnica de ista película a podedes ver en:
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/



______________________________________________

Xoves 10 de Abril 2008

as 20.30h no Auditorio de Vilagarcía


Venres 11 de Abril

as 21h no Auditorio de Cambados

A cadeira de Fernando
(La silla de Fernando)

Dirección: David Trueba, Luis Alegre
Ano: 2006
País: España
Duración: 85min.
Xénero: documental
Reparto: Fernando Fernán-Gómez
Producción: Buenavida producciones
Guión: David Trueba, Luis Alegre
Fotografía: Mischa Lluch

SINOPSE:
Fernando Fernán-Gómez naceu o 28 de agosto de 1921 en Lima (Perú) durante unha xira da súa nai, a actriz Carola Fernán-Gómez. Calquera pode apreciar as súas decisivas aportacións como actor, escritor e director de cine. Sen embargo, só uns poucos privilexiados coñecen ata que punto Fernando, sentado nunha cadeira, é capaz de convertir unha charla en algo máis ca unha charla. Esta película aspira a que esos privilexiados non sexan tan poucos.
_________________________________________


Mércoles 16 de Abril 2008 as 20.30h

Secuestrados en Xeorxia (Gustavo Balga Dámez, 2001)

A sinopse e ficha técnica de ista película a podedes ver en:
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/
___________________________________________


Xoves 24 de Abril 2008 as 20.30h

Jalisco (Francisco Piñeiro Vilas, 2001)
O tesouro (de Anxel Fole) (Xaime Fandiño Alonso, 1997)

As sinopses e fichas técnicas de istas películas as podedes ver en:
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/

_________________________________________________



Venres 2 de Maio 2008 as 20.30h

A biblioteca da iguana (Antón Dobao, 2005)
A sinopse e ficha técnica de ista película a podedes ver en:
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/



__________________________________________________

Xoves 8 de Maio 2008 as 20.30h

Máis ca irmáns (Ramón Costafreda García)
A sinopse e ficha técnica de ista película a podedes ver en:
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/


______________________________________________

Xoves 15 de Maio 2008

as 20.30h no Auditorio de Vilagarcía


Venres 16 de Maio 2008

as 21h no Auditorio de Cambados

Vitus
(Vitus)

Dirección: Fredi M. Murer
Ano: 2006
País: Suiza
Duración: 120min.
Xénero: drama
Reparto: Bruno Ganz, Teo Gheorghiu, Julika Jenkins, Urs Jucker, Fabrizio Borsani
Producción: Christian Davi, Christof Neracher, Fredi M. Murer
Guión: Peter Luisi, Fredi M. Murer, Lukas B. Suter
Música: Mario Beretta
Fotografía: Pio Corradi

SINOPSE:
Vitus é un rapaz que parece chegado doutro planeta: ten un oído coma o dun morcego, toca o piano coma un virtuoso e estudia enciclopedias a idade de cinco anos. Como é de supoñer, os seus pais anticípanlle un brillante porvir; queren que sexa pianista. Sen embargo, o pequeno xenio prefire tocar no taller do seu excéntrico avó, e soña con voar e ter unha infancia normal. Finalmente, como consecuencia dun inesperado accidente, Vitus tomará as rendas da súa propia vida
______________________________________



Xoves 29 de Maio as 20.30h

Autopsia (Milagros Bará Viñas, 2005)
A sinopse e ficha técnica de ista película a podedes ver en:
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/


______________________________________________

Xoves 12 de Xunio as 20.30h

Mentíndolle a vida (Jorge Algora, 2005)
A sinopse e ficha técnica de ista película a podedes ver en:
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/


____________________________________________

Xoves 19 de Xunio as 20.30h

Pataghorobi (Ricardo Llovo Otero, 2005)
A sinopse e ficha técnica de ista película a podedes ver en:
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/


______________________________________________

Xoves 5 de Xunio 2008

as 20.30h no Auditorio de Vilagarcía



Venres 6 de Xunio 2008

as 21h no auditorio de Cambados

Terra, a película do noso planeta
(Earth)

Dirección: Alastair Fothergill, Mark Linfield
Ano: 2007
País: Reino Unido
Duración: 96min.
Xénero: documental natureza
Producción: Sophokles Tasioulis, Alix Tidmarsh
Guión: Alastair Fothergill, Mark Linfield
Música: George Fenton
Fotografía: Richard Brooks Burton, Andrew Shillabeer


SINOPSE:
Os autores da película emprenden unha fascinante viaxe pola Terra, de norte a sur e o longo das catro estacións, para retratar os contrastes entre as diferentes partes do planeta e as súas transformacións naturais. As condicións de supervivencia dalgunhas especies animais, e o seu comportamento natural, en ocasións con elementos moi cómicos, forman

parte tamén dun extraordinario documental realizado cás máis sofisticadas técnicas. Terra é un canto a belleza do noso planeta e un recordatorio da delicada fraxilidade do lugar onde vivimos

_______________________________________________

Xoves 26 de Xunio 2008

as 20.30h no Auditorio de Vilagarcía


Venres 27 de Xunio 2008

as 21h no Auditorio de Cambados

Nómadas do vento
(Le peuple migrateur)

Dirección: Jacques Perrin, Michel Debats, Jacques Cluzaud
Ano: 2001
País: Francia
Duración: 98min.
Xénero: documental natureza
Producción: Jacques Perrin e Chistophe Barratier
Guión: Valentine Perrin
Música: Bruno Coulais
Fotografía: Michel Benjamín, Sylvie Caedédo, Laurent Charbonnier, Luc Drion, Laurent Fleutot, Philippe Garguil, Dominique Gentil, Bernard Lutic, Thierry Machado, Stéphane Martin, Fabrice Moindrot, Michel Terrasse, Thierry Thomas y Ernst Sasse.

SINOPSE:
Unha invitación a descubrir a terra con outra mirada, a das aves migratorias, recorrendo o planeta dun polo o outro e sobrevoando tódolos continente a través dos paisaxes máis salvaxes, desde as tundras árticas ós desertos asiáticos, pasando polo bosques tropicales e as mesetas castellanas.

_______________________________________________________

This page is powered by Blogger. Isn't yours?