viernes, febrero 24, 2006

 

PROGRAMACIÓN MARZO 2006

- CICLO A MULLER NO CINE -
_____________________________________________________________

Martes 7 de Marzo

22:15 Multicines Gran Arousa, Vilagarcía

O SILENCIO DA AUGA
(KHAMOSH PANI)

SINOPSE:
A historia, baseada en feitos reais, comeza en 1979 cando Pakistán empezase a introducir na vía da islamización despois do golpe de Estado do xeneral Zia. Enlaza o destino dunha muller e a evolución política de Pakistán ó longo dos últimos vintecinco anos. Aïcha é unha muller alegre duns corenta anos que nunca fala do seu pasado. Dende a morte do seu marido, o seu fillo é o centro da súa existencia. Salim está namorado de Zoubida e empeza a frecuentar un grupo de fundamentalistas musulmans. Zoubida é abandonada pouco a pouco polo seu namorado mentras Aïcha preocúpase por ver cambiar o seu fillo tan brutalmente. Os acontecementos precipítanse coa chegada dos Sikhs, vidos da India para a súa peregrinaxe. Un deles comeza a buscar a súa irmá, que os musulmáns capturaron en 1947. O pasado sae bruscamente a superficie.

Dirección: Sabiha Sumar.
Ano: 2003.
Países: Francia, Alemania e Pakistán .
Duración: 99 min.
Xénero: Drama
Reparto: Kirron Kher, Aamir Malik, Arshad Mahmud, Salman Shahid, Shilpa Shukla Sarfaraz Ansari
Producción: Sachithanandam Sathananthan, Philippe Avril, Helge Albers e Claudia Tronnier
Guión: Paromita Vohra
Música: Madan Gopal Singh e Arshad Mahmud
Fotografía: Ralph Netzer


http://www.labutaca.net/films/29/elsilenciodelagua.htm
____________________________________________________________________
Martes 14 de Marzo

22:15 Multicines Gran Arousa, Vilagarcía

COUSAS QUE DIRÍA SÓ CON MIRALA
(THINGS YOU CAN TELL JUST BY LOOKING AT HER)

SINOPSE:
No mesmo barrio de Los Ángeles, o Val de San Fernando, un grupo de mulleres está reordenando as súas vidas. Unha doutora soña con intimar con un home novo. Unha solitaria detective de policía busca pistas sobre unha traxedia xunto a súa irmá cega. Unha nai solteira síntese profundamente atraída por un novo e diferente veciño. Unha directora de banco descobre que está embarazada despois dunha historia cun home casado, mentras unha parella, que loita contra unha enfermidade irreversible, volve sobre os pasos do amor.

Dirección: Rodrigo García
Ano: 2000
Países: USA
Duración: 109 min
Xénero: Drama
Reparto: Glenn Close, Cameron Díaz, Calista Flockhart, Kathy Baker, Amy Brenneman, Valeria Golino
Producción: Jon Avnet, Lisa Lindstrom y Marsha Oglesby.
Guión: Rodrigo García
Música: Edward Sheamur
Fotografía: Emmanuel Lubezki

http://www.labutaca.net/films/9/cosasquediriaconsolomirarla.htm
___________________________________________________________________

Martes 28 de Marzo

22:15 Multicines Gran Arousa, Vilagarcía

8 MULLERES
(8 FEMMES)



SINOPSE:
Nos anos cincuenta, nunha gran mansión burguesa no campo, estanse a facer os preparativos para festexar o Nadal, cando se produce un drama: o dono da casa é asesinado. 8 mulleres cercanas a víctima están presentes, e forzosamente unha delas é a culpable. Comeza entón unha larga xornada de investigacións chea de discusións, traicións e revelacións na que non tardará en saberse que cada unha delas ten a súas razóns e garda motivos insospeitados. A verdade estoupará cruel e tráxica, e acabará coas máscaras e as mentiras.

Dirección: François Ozon
Ano: 2002
Países: Francia
Duración: 103 min
Xénero: Comedia
Reparto: Catherine Denueve, Isabelle Huppert, Emmanuelle Beart, Fanny Ardant, Virginie Ledoyen, Danielle Darrieux, Firmine Richard, Ludivine Sagnier,.
Producción: Olivier Delbosc, Marc Missonnier
Guión: François Ozon, Marina de Van
Música: Jeanne Lapoirie

http://www.labutaca.net/52berlinale/8femmes.htm
___________________________________________________________________

Comments: Publicar un comentario

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?