viernes, abril 28, 2006

 

PROGRAMACIÓN MAIO 2006

___________________________________________________________
Martes 2 de Maio

22:15 Multicines Gran Arousa, Vilagarcía

American Splendor

Dirección: Springer Berman e Robert Pulcini.
Ano: 2003.
Países: USA.
Duración: 101 min.
Xénero: Comedia.
Reparto: Paul Giamatti, Hope Davis, Madylin Sweeten, Harvey Pekar, Joyce Brabner.
Guión: Springer Berman e Robert Pulcini
Música: Mark Suozzo.
Fotografía: Ferry Stacey.

SINOPSE:
Harvey é un empregado dun Hospital local de Cleveland. A súa única escapatoria da monotonía diaria son as discusións cos seus compañeiros de traballo que abarcan temas tan dispares como a música, o declive da cultura americana, os novos sabores de caramelos ou a vida en sí mesma. Casualmente coñece a Robert Crumb, un deseñador de postais amante da música. Cando algúns anos despois, Crumb se fai famoso grazas ós seus cómics underground, a idea de que o cómic pode ser tamén unha expresión artística para adultos, leva a Harvey a escribir a súa propia tira cómica.

( http://www.labutaca.net/films/29/americansplendor.htm )
________________________________________________________________

Martes 23 de Maio

22:15 Multicines Gran Arousa, Vilagarcía

Non matarás
A short film about killing


Dirección: Krzysztof Kieslowski
Ano: 1988
País: Polonia
Duración: 84 min.
Xénero: drama
Reparto: Miroslaw Baka, Krzysztof Globisz, Jan Tesarz, Zbigniew Zapaziewicz, Barbara Dziekan, Alexander Bednarz, Jerzy Zass, Zdzislaw Tobías, Artur Barcis, Krystyna Janda.
Producción: Ryszard Chutkowski
Guión: Krzysztof Kieslowski e Piesiewicz Kielowski
Música: Zbigniew Preisner
Fotografía: Slavomir Idziar

SINOPSE: Un taxista está lavando o seu coche. Jacek, un xove campesiño de mirada turbia, vaga pola cidade. Piotr, un estudiante de Dereito, prepárase para facer o seu derradeiro exame. Os seus destinos crúzanse cando Jacek colle un taxi para ir os suburbios da cidade, onde asasina brutalmente ó taxista golpeándoo cunha pedra. A policía deteno e é condeado a morte á pesares dos esforzos de Piotr, que se encarga do caso.

(Historia do cine)
( http://www.labutaca.net/films/40/nomataras.htm )
_____________________________________________________________

This page is powered by Blogger. Isn't yours?