domingo, marzo 04, 2007

 

PROGRAMACIÓN DE MARZO - CICLO DE MULLER

_____________________________________________________________
Martes 6

22:15
CINE MGA, VILAGARCIA DE AROUSA

Poñente
(Poniente)

SINOPSE:

Lucía, unha xove mestra que vive en Madrid, retorna a súa terra coa súa filla trala morte do seu pai. Alí atópase co pobo da súa infancia, “la isla”. Lucía atopa outro universo, un universo de plástico. Entre esta mezcla de universos vive un mundo pluriétnico froito de sucesivas migracións, uns que acaban de chegar, outros que chagaron fai xa varios anos e algúns deles que voltaron a súa terra de orixe e parecen haber perdido a memoria do seu tempo de exilio. No aire respírase o medo, o medo ó outro, o medo á diferencia. Lucía decide quedarse no pobo-illa para continua-lo negocio do seu pai, e nesta nova vida atópase con Curro, un home sen raíces, criado en Suiza nos anos da emigración económica española e que tamén busca o seu sitio.

Ficha Técnica:
Dirección: Chus Gutiérrez
Ano: 2002
País: España
Duración: 96 min.
Xénero:
Reparto: Cuca Escribano, José Coronado, Antonio Dechent, Mariola Fuentes, Antonio de la Torre, Farid Fatmi, Idilio Cardoso, Alfonsa Rosso, Marouane Mribti
Producción: Ana Huete e Iñaki Núñez
Guión: Chus Gutiérrez e Icíar Bollaín
Música: Tao Gutiérrez
Fotografía: Carles Gusi
__________________________________________________________________
Martes 13
22:15
CINE MGA, VILAGARCIA DE AROUSA


¿Por qué as mulleres queremos máis?
(Tout pour plaire)

SINOPSE:

Juliette, Florence e Marie son amigas desde a infancia. Marie é médica e exerce a súa profesión nun hospital público. Leva oito anos casada cun artista sincero, cariñoso e divertido pero que non leva un euro a casa. Marie esfórzase en se-la muller perfecta, pero un día empeza a fartarse de cargar sempre con todo…Florence está casada cun empresario voluntarioso e taxante có que ten un fillo. Apoucada e temerosa, fai anos que traballa de redactora nunha axencia de publicidade, cando por fin o seu xefe, un tipo moi especial ó que todos chaman “Calígula”, confíalle unha conta. Todo parece ir sobre rodas…Juliette é avogada, pero nunca ten cartos, nin consegue que os seus clientes lle paguen, nin atopa un home que a queira. Polo menos, eso cree…As tres, atrapadas nunha vida urbana sen un respiro entre o traballo e a súa vida privada, consiguen roubar uns momentos para verse e falar sen trabas.

Ficha Técnica:

Dirección: Cécile Telerman
Ano: 2005
País: Francia
Duración: 105 min.
Xénero: comedia
Reparto: Matilde Seigner, Anne Parillaud, Judith Godrèche, Mathias Mlekuz, Thierry Neuvic, Pascal Elbé, Pierre Cassignard, Pascal Elso, Marc Citti, Bernard Yerles
Producción: Yann Gilbert e Cécile Telerman
Guión: Jérôme Soubeyrand e Cécile Telerman
Música: Adrien Blaise
Fotografía: Matthieu Poirot-Delpech
_____________________________________________________________________
Martes 27

22:15
CINE MGA, VILAGARCIA DE AROUSA

Auga
(Water)


SINOPSE:

A historia transcorre en 1938 na India Colonial, en pleno movemento de emancipación liderado por Mahatma Gandhi. Según as crenzas hindús, cando unha muller se casa, convírtese na mitade do home. Polo tanto, se el morre, considérase que a metade da esposa morreu. Os libros sagrados din que a viúva ten tres opcións: casarse co irmán máis xoven do seu marido, arder co seu marido ou levar unha vida de total abnegación. Celébrase unha boda entre unha nena (Chuyia) de 8 anos e un moribundo, que morre esa mesma noite. A nena aféitanlle a cabeza e ingresa nunha “ashram” para viúvas onde deberá pasa-lo resto da súa vida. A auga é unha constante na película, non só como metáfora, si non tamén como instrumento. Á beira do río, Chuyia coñece a un mozo idealista, seguidor de Gandhi, que estudia dereito e está disposto a rechaza-los límites impostos pola tradición secular.

Ficha Técnica:
Dirección: Deepa Mehta
Ano: 2005
Paises: Canadá e India
Duración: 115min.
Xénero: drama
Reparto: Seema Biswas, Lisa Ray, John Abraham, Sarala, Manorma, Waheeda Rehman, Kulbushan Kharbanda, Raghuvir Yadav, Vinay Pathak, Ronica Sajnani
Producción: David Hamilton
Música: Mychael Dann
Fotografía: Giles Nuttgens
________________________________________________________________

This page is powered by Blogger. Isn't yours?