viernes, diciembre 08, 2006

 

PROGRAMACÓN DECEMBRO 2006

________________________________________________________________
L'ESQUIVE

Martes 12

22:15 CINES MGA, VILAGARCÍA DE AROUSA

SINOPSE:
Nunha urbanización de vivendas de protección oficial do extrarradio parisino, pasa un anxo declamando con paixón a obra de Marivaux “Juegos de amor y fortuna”: é Lydia, fervente admiradora do autor, que está ensaiando a función que a súa clase prepara para a festa de fin de curso. Pasou un anxo e o seu compañeiro de clase Abdelkrim, chamado Krimo, ficou prendado de Lydia. Este adolescente, que deambula aburrido polo barrio cos seus amigotes, descubriu de súpeto o amor. Pero Krimo é pouco falador e ademáis ten unha reputación que manter. ¿Cómo vai a declararse sen face-lo ridículo? Non hai máis que unha solución: convece-lo seu amigo Rachid, compañeiro de escena de Lydia, de que lle ceda o papel de Arlequín. Así, con esas palabras de Marivaux, podrá expresalo inconfesable. Pero esta astuta estrataxema acaba convertíndose nunha labor titánica para Krimo, sorprendido pola magnitude do texto e a implacable severidade do seu profesor de lingua. ¿Atopará a maneira de decirllo antes de que se interpoñan os chismes, os celos e as antipatías?

FICHA TÉCNICA:
Dirección: Addel Kechiche
Guión: Addel Kechiche
Xénero: Drama
Reparto: Osman Elkharraz, Sara Forestier, Sabrina Ouazani, Nanou Benahmou.
Fotografía: Lubomir Bakchev
Producción: Jacques Ouaniche
Duración 117 minutos.
País e Ano: Francia - 2003
________________________________________________________________
EXTRAÑOS NO PARAISO

(stranger than Paradise)

Martes 19

22:15 CINES MGA, VILAGARCÍA DE AROUSA



SINOPSE:
Dous amigos e a prima dun deles, que acaba de viaxar a Estados Unidos dende Budapest, viven diversas aventuras en Florida. Unha das películas máis aclamadas do cine independente dos anos oitenta, rodada en apenas 18 días e cun equipo de tan só 11 persoas – 3 actores e 8 técnicos-.

FICHA TÉCNICA:
Director: Jim Jarmusch
Guión: Jim Jarmusch
País: EEUU
Ano: 1984
Reparto: John Lurie, Eszter Balint, Richard Edson, Cecilia Stark, Danny Rosen, Tom DiCillo
Fotografía: Tom Dicillo (B&W)
Música: John Lurie, Aaron Picht
________________________________________________________________

This page is powered by Blogger. Isn't yours?